A nosa lingua está a sufrir a perda de moitos falantes. “Si perdemos a lingua non seremos ninguén”. Por iso Eira Vella sempre defenderá e estará alí onde sexa precisa a súa aportación, dende sempre e ate que as forzas o permitan e, por iso onte, na manifestación, estivemos en Compostela, onde milleiros de persoas seguen a defender a lingua e cultura do noso país. Aló vai unha pequena mostra…
Corría o ano 2003 e a Asociación Cultural Eira Vella cumpría os dez anos de vida. Achegábase o outono e logo sairía unha nova Xanela, abríndose leda para amosar anacos da nosa cultura.
Nas páxinas centrais o centenario de nacemento de tres persoeiros senlleiros:
Ánxel Fole, Álvaro Cebreiro e Florencio Delgado Gurriarán.
Nese ano, a Festa das Letras foi para Avilés de Taramancos.
De Fole recuperabamos un artigo sobre a paisaxe galega. De Florencio, “Romanzo do cabaleiro ourizo”, un dos cen mellores da nosa lingua, según Alonso Montero. De Cebreiro un anaquiño da súa vida, completado cun texto cheo de tenrura de Avilés de Taramancos, no que describe o seu estar nos derradeiros intres de vida…falan pouco…a dor non deixa…. Fermosa lembranza e un amargo sabor nos beizos…” Máis Alá, Máis Alá! Niso andamos aínda, compañeiro”, dicía Avilés.
E si, alegrámonos de que, por fin, a Academia lembre este ano, recupere a súa obra e se lle faga merecida homenaxe a un Valdeorrés que, igual q moitos outros, naquelas fatídicas datas do 36, tivo que poñer rumbo ao exilio mexicano para salvar a súa vida.
Este 17 de maio não poderá ser comemorado como gostaríamos, aínda em estado de alerta sanitaria. Mas não devemos esquecer o dia nin o seu significado, especialmente em um ano dedicado a uma pessoa tão importante para o galego como Carvalho Calero.
Queremos expressar o nosso apoio às muitas iniciativas que estão sendo desenvolvidas para comemorar este dia. Entre eles, podemos citar o recital do NPG Nova Poesía Guitirica, que será exibido no facebook do grupo diretamente às 20:00 do domingo, 17 de maio, e que contará com a participação de várias / as betanceiras / os.
E também às iniciativas do Orgullo Galego para fazer tendência o tweet #eufalogalego e de Queremos galego com o lema “Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión” e os tweets #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego
RECUPERADO CITA AUDIOVISUAL: AGASALLO DE SOMBRAS
a cargo de
Xosé Manuel Fernández Castro,
profesor e estudioso da obra do autor homenaxeado,
que terá lugar o vindeiro venres 31 de maio
ás 20 horas na sala Azul do edificio Arquivo.
O venres 31 de maio ás 20:00 h convidámosvos ao acto Vidal Bolaño recuperado :Cita audiovisual a cargo de XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ CASTRO.
Xosé Manuel Fernández Castro “Pepes” Profesor e escritor. Naceu en Santiago en 1963. En 2011 publicou un ensaio sobre “A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño” (Edicións Laiovento).
TUCHO CALVO Escritor e xornalista, naceu en Venezuela no 1954 fillo de pais emigrantes. Traballou como xornalista en La Voz de Galicia desde 1976 ata 2010. Como escritor deuse a coñecer con Froito das lembranzas (1981). Publicou ademais as novelas PAE-Século XXI, Telúrico, Luz de abrente e O xabaril branco; os libros de relatos Astra o confín e Corazón entre desertos; o ensaio O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade e a biografía Valentín Paz-Andrade, a memoria do século. Tamén fixo incursións na literatura infantil con A castaña que chegou a árbore e Gatipedro. Coordinou en La Voz de Galicia as “Páxinas literarias”, nas que se publicou por capítulos a súa novela O xabaril branco con ilustracións de Miguelanxo Prado. Dirixiu tamén a Biblioteca Galega 120, colección básica de literatura en galego, iniciativa do mesmo xornal coruñés que acadou unha gran difusión. Con Carmela González Boó creou Biblos Clube de Lectores no 2003.
Foto Xoán G.
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies