O vindeiro 14 de abril de 2026, ás 19:00 horas, a Asociación Cultura Eira Vella celebrará un ano máis a ofrenda floral diante da placa situada na entrada do Museo das Mariñas, reprodución da orixinal ubicada no Centro Betanzos de Bos Aires e na que se recollen os nomes das vítimas betanceiras do franquismo.
Este ano ademáis completará a efeméride o Faladoiro Pazo de Meirás. Patrimonio do Estado que terá lugar ás 20:00 horas na Sala Azul do Edificio Arquivo, a cargo de Carlos Babío Urkide, autor, xunto con Manuel Pérez Lorenzo, do libro Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio.
Agardámosvos un ano máis para que a memoria democrática siga viva.
A plataforma Queremos Galego xunto coas asociacións culturáis da comarca Asociación Cultural Eira Vella, Lar de Unta e Roxín Roxal organizan un acto contra a emerxencia lingüística dentro do proceso LINGUA VITAL XA! o venres 27 de febreiro de 2026, ás 20:30 horas no Salón Azul do Edificio Arquivo.
Baixo lema Acude ao punto de encontro E se todo saír ben? contará coa participación de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e a actuación musical de Mini e catro nun zoco.
O pasado 11 de decembro de 2025 na sala Azul do Edificio Arquivo a Asociación Cultural Eira Vella presentou a publicación Castelao e Betanzos no marco do Ano Castelao e coa presenza na mesa de Xesús Torres e Pilar García Negro que abordou a vixencia do pensamento do intelectual galego no século XXI.
A publicación Castelao e Betanzos recolle unha compilación de artigos, cartas e debuxos do autor vinculados á cidade, na que, segundo explica Xesús Torres, nunca chegou a participar en ningún acto pero coa que forxou un vencello a través da emigración e moi particularmente do Centro Betanzos.
Deixamos aquí algunhas imaxes e unha pequena escolma da prensa que estes días se fixo eco do acto
Como acto de clausura das actividades enmarcadas dentro da programación do Ano Castelao 2025 o Concello de Betanzos, coa participación da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, o CPR Nuestra Señora del Carmen, As Mariñas, a Agrupación Musical Carlos Seijo, a SGCDX Lar de Unta e a AC Eira Vella organizou a lectura pública dalgúns dos seus textos máis coñecidos.
O pasado xoves 22 de maio de 2025, no Salón de actos do concello de Sada, compartimos xornada virtual con México da man de Josefina Tomé Méndez, filla de emigrantes alí exiliados, vogal do Ateneo Español de México. Dende Barcelona con Graciela Ortega Lorenzo, descendente de galegos e autora da novela Arroz con leche a la Veracruzana, ambientada no exilio de galegos en México. Coa AC Irmáns Suárez Picallo e o seu secretario Abel López Soto. Coa AC Eira Vella de Betanzos, representada por Pilar Vázquez Rodríguez e con Carlos Babío Urkidi, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Galegos en Mexico despois do 36
Image 1 of 7
Falouse do exilio, da represión franquista, das dificultades vividas para lograr saír do país onde estaba a producirse unha das maiores masacres da nosa historia, e sobrevivir no país de acollida, onde comezaron unha nova vida.
Queda moito por facer, por recuperar do esquecemento e ensinar ás xeracións futuras o que aconteceu neste noso país…
Aprendamos, reflexionemos, para que todo o acontecido non se repita.
Agradecemento especial tamén a Benito Portela, alcalde de Sada e ao seu equipo, polas facilidades prestadas para q esta videoconferencia se levase a cabo.
Deixámosvos tamén o vídeo da presentación dispoñíbel no canal de youtube da AC Irmáns Suárez Picallo
O vindeiro xoves, 22 de maio de 2025, ás 18:00 horas, no Salón de Plenos sito no edificio da Avenida do Porto do Concello de Sada, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña xunto á AC Irmáns Suárez Picallo de Sada, a AC Eira Vella de Betanzos e o Concello de Sada, organizan este acto con motivo da presentación do libro de Graciela Ortega Lorenzo titulado Arroz con leche a la Veracruzana unha homenaxe á cidade mexicana de Veracruz que acolleu ao exilio republicano tras o fin da guerra civil.
No acto ademais da autora, participará Josefina Tomé Méndez, vogal do Ateneo español de México (primeiro Centro de Memoria Democrática no estranxeiro).
O vindeiro 14 de abril de 2025, ás 19:30 horas, a Asociación Cultura Eira Vella celebrará un ano máis a ofrenda floral diante da placa situada na entrada do Museo das Mariñas, reprodución da orixinal ubicada no Centro Betanzos de Bos Aires e na que se recollen os nomes das vítimas betanceiras do franquismo.
O acto contará coa lectura de poemas e virá acompañado de música.
Agardámosvos un ano máis para que a memoria democrática siga viva.
Proxección do filme Julia. Fotografía da autoría de Marcos Rodríguez
Image 1 of 24
Reportaxe completa da proxección de Julia na páxina web do fotógrafo Marcos Rodríguez, ao que agradecemos a súa presenza e a súa visión única do evento:
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies