Actividades, Presentación

Presentación do libro Un pobo con memoria

O vindeiro venres, 2 de outubro de 2026, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Arquivo, a AC Eira Vella de Betanzos, coa colaboración do Concello de Betanzos, presentará o libro de Carlos Días Diegues, Un pobo con memoria: 30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza (1977-2007), contanto coa presenza do autor.

O libro é una monografía centrada nas tres decadas de movementos e asociacións dedicadas á recuperación da memoria histórica.

Presentación

Presentación do libro Usted debería saber: La historia secuestrada de la monarquía

O vindeiro xoves, 22 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Arquivo, a AC Eira Vella de Betanzos, coa colaboración do Concello de Betanzos, presentará o libro de Manuel Monge González Usted debería saber: La historia secuestrada de la monarquía, contanto coa presenza do autor.

Segundo a propia editora, Edicións Laiovento, o libro cuestiona se “é a democracia española unha auténtica ruptura coa ditadura ou unha sofisticada operación de continuidade?“. Manuel Monge González ofrece”un poderoso “panfleto educativo” deseñado para axitar conciencias. Lonxe da neutralidade académica, o autor constrúe un ensaio militante e exhaustivamente documentado que desmonta, feito por feito, a narrativa oficial dunha Transición modélica para revelar as fendas dun sistema construído sobre a amnesia”.

O autor”disecciona cirurxicamente a xenealoxía do poder en España, argumentando que a monarquía actual porta un “virus de orixe” ineludible: o seu establecemento por deseño directo do ditador Francisco Franco. A través dunha acumulación abrumadora de probas, a obra expón como o Xefe de Estado funcionou como a chave mestra da corrupción sistémica. Desde o saqueo fundacional do réxime franquista ata as comisións e as contas opacas de Xoán Carlos I, o libro traza un arco de cobiza e impunidade que conecta as familias da ditadura coas elites económicas e políticas actuais.”

Ademais Usted debería saber “descende ás cloacas da historia para dar voz ás vítimas silenciadas do xenocidio ideolóxico de 1936 e a posterior represión. O autor sinala inequivocamente aos herdeiros políticos e morais do réxime —identificados na “familia da dereita”, a xerarquía eclesiástica e un poder xudicial politizado— denunciando como a falta de purgas permitiu que as estruturas franquistas persistisen dentro das institucións democráticas baixo novas bandeiras. É unha dura acusación contra o sistema “atado e ben atado” que impediu a verdadeira xustiza e as reparacións durante décadas”

Agardámosvos!

Actividades, Homenaxe, Presentación

Día da República: ofrenda floral ás vítimas do franquismo e faladoiro sobre o Pazo de Meirás en imaxes

Faladoiro O Pazo de Meiras

Image 1 of 17

Vídeo da autoria de Arume Fotografía

A prensa tamén se fixo eco dos actos de Eira Vella en https://www.nosdiario.gal/event/axenda/palestra-pazo-meiras-patrimonio-do-estado14042026/20260413093247253183.html

Actividades, Homenaxe

Día da República: ofrenda floral ás vítimas do franquismo e faladoiro sobre o Pazo de Meirás

O vindeiro 14 de abril de 2026, ás 19:00 horas, a Asociación Cultura Eira Vella celebrará un ano máis a ofrenda floral diante da placa situada na entrada do Museo das Mariñas, reprodución da orixinal ubicada no Centro Betanzos de Bos Aires e na que se recollen os nomes das vítimas betanceiras do franquismo.

Este ano ademáis completará a efeméride o Faladoiro Pazo de Meirás. Patrimonio do Estado que terá lugar ás 20:00 horas na Sala Azul do Edificio Arquivo, a cargo de Carlos Babío Urkide, autor, xunto con Manuel Pérez Lorenzo, do libro Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio.

Agardámosvos un ano máis para que a memoria democrática siga viva.

Actividades, Presentación

Galegos en México despois do 36

O pasado xoves 22 de maio de 2025, no Salón de actos do concello de Sada, compartimos xornada virtual con México  da man de Josefina Tomé Méndez,  filla de emigrantes alí exiliados, vogal do Ateneo Español de México. Dende Barcelona con Graciela Ortega Lorenzo, descendente de galegos e autora da novela Arroz con leche a la Veracruzana, ambientada no exilio de galegos en México. Coa AC Irmáns Suárez Picallo e o seu secretario Abel López Soto. Coa AC Eira Vella de Betanzos, representada por Pilar Vázquez Rodríguez e con Carlos Babío Urkidi, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Galegos en Mexico despois do 36

Image 1 of 7

Falouse do exilio, da represión franquista, das dificultades vividas para lograr saír do país onde estaba a producirse unha das maiores masacres da nosa historia, e sobrevivir no país de acollida, onde comezaron unha nova vida.

Queda moito por facer, por recuperar do esquecemento e ensinar ás xeracións futuras o que aconteceu neste noso país…

Aprendamos, reflexionemos, para que todo o acontecido non se repita.

Agradecemento especial tamén a Benito Portela, alcalde de Sada e ao seu equipo, polas facilidades prestadas para q esta videoconferencia se levase a cabo.

Deixámosvos tamén o vídeo da presentación dispoñíbel no canal de youtube da AC Irmáns Suárez Picallo

Homenaxe

Día da República: ofrenda floral ás vítimas do franquismo en imaxes

Ofrenda floral no Día da República no monolito da Madalena

Image 1 of 11

Sirva a presenza da placa situada na entrada do Museo das Mariñas e esta ofrenda floral que recorda ás vítimas betanceiras do franquismo para, dende a nosa Historia local, recordarnos que non debemos nin podemos mirar para outro lado perante ás vítimas das guerras e a opresión e para ter presentes a todas aquelas persoas que dende o exilio forzoso loitan cos seus testemuños únicos por manter a memoria viva, como a mantiveron os betanceiros exiliados na Arxentina.

Nestes tempos de ameaza global no que asistimos a silencios impensables, precisamos a memoria e os seus instrumentos máis visibles e vivos que nunca.

Actividades, Homenaxe

Día da República: ofrenda floral ás vítimas do franquismo

O vindeiro 14 de abril de 2025, ás 19:30 horas, a Asociación Cultura Eira Vella celebrará un ano máis a ofrenda floral diante da placa situada na entrada do Museo das Mariñas, reprodución da orixinal ubicada no Centro Betanzos de Bos Aires e na que se recollen os nomes das vítimas betanceiras do franquismo.

O acto contará coa lectura de poemas e virá acompañado de música.

Agardámosvos un ano máis para que a memoria democrática siga viva.