Etiqueta: A Xanela
Eira Vella no FESTIBAM
A A.C. Eira Vella de Betanzos, participará no FESTIBAM, o festival da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas, durante o fin de semana do 12 e 13 de setembro, amosando as revistas e libros publicadas e dando a coñecer así unha parte importante do traballo realizado nestes longos anos.
A asociación invita á participación nun taller, dirixido a nenas e nenos e ao público adulto, e no que se traballará sobre as fiestras que pechaban a contraportada da revista A Xanela, convidando a facer debuxos desas xanelas ou doutras do seu interese.
Agardamos que aqueles que se acheguen leven un maior coñecemento dunha asociación que quixo aportar algo diferente a Betanzos e comarca.

Agardámosvos!
Presentación do novo número de A Xanela
Este sábado disfrutaremos da presenza de Uxía para darlle a benvida ao número 41 de A Xanela.
Agardámosvos!
Falan de A Xanela…
Admirando a Sés…
Admirable a actuación de Sés e Tito onte, na presentación de A Xanela. Deixounos o pouso da súa voz, dos seus temas. Entendemos que sexa a música o que máis lle gusta facer, e porque o fai tan ben, disfrutamos escoitándoa. Parabéns aos dous e moita sorte!
EiraVella
https://picasaweb.google.com/s/c/bin/slideshow.swf
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=dw7JFkSJBpA?rel=0&w=450&h=259]
Invitados á presentación de A Xanela…

O 17 de nadal chega o novo número de A Xanela…

O acto de presentación de A Xanela terá lugar o sábado 17 de decembro, no Salón Azul do Edificio Arquivo, ás 20:30h. Nesta ocasión, contaremos coa actuación de SÉS.
Agardámosvos!
Velaí un videoclip do primeiro single de Sés “Admirando a condición”…
[vimeo 22601783 w=400 h=225]
Sés | Admirando a condición from airapro on Vimeo.
Presentación de A XANELA 31
Presentamos un novo número de A Xanela…

da revista cultural das Mariñas
A Xanela
“Juan Carlos Casal Jazz Trío”
composto polos betanceiros J.C. Casal, Felipe Oñate e Eugenio Pintor.




