Skip to content
A.C. EIRA VELLA BETANZOS

A.C. EIRA VELLA BETANZOS

Espazo da Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos

  • Quen somos?
  • A Xanela
  • Publicacións
  • Actividades
  • Vídeos
  • Falan de nós
  • Contacto
  • Política de Privacidade e cookies

Etiqueta: betanzos

Exposicións

Inauguración da exposición de caricaturas de Antonio Palla

Setembro 14, 2025Setembro 16, 2025 Admin

Inauguración da exposición de caricaturas de Antonio Palla

Inauguración da exposición de caricaturas de Antonio Palla
Image 1 of 8

Artigo en El Ideal Gallego sobre Antonio Palla e a exposición

Tagged Antonio Palla; caricaturas, betanzos, exposición, Inauguración
Exposicións

Exposición de caricaturas de Antonio Palla

Agosto 19, 2025Agosto 19, 2025 Admin

Durante o mes de setembro de 2025, entre os días 5 e 30, terá lugar na sala de exposicións Jesús Núñez do edificio Arquivo unha exposición de caricaturas do artista betanceiro Antonio Palla.

A Asociación Cultural Eira Vella organiza esta mostra, coa colaboración do Concello de Betanzos, que se poderá visitar en horarios de 10:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas de martes a venres, e de 11:30 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas os sábados. A inauguración da mesma terá lugar o venres 5 de setembro de 2025 ás 20:00 horas.

Antonio Palla compaxinou o seu labor docente, do que está xubilado, con diversas actividades artísticas, entre as que destaca principalmente a caricatura. Neste eido artístico traballou durante tres anos, entre 1987 e 1980, para o xornal coruñés El Ideal Gallego. Ao longo da súa vida calcula que terá realizado arredor de medio millar de caricaturas.

Palla colaborou ininterrumpidamente durante vintedous anos –entre 1979 e 2000– no pintado do globo de San Roque con viñetas humorísticas e caricaturas. Reanudou a súa colaboración en 2022 e tamén no 2024 e voltou facelo no deste ano. En total son case un centenar os cuarteróns ilustrados por el.

Outras actividades artísticas súas son os deseños para alfombras florais do Corpus Christi na vila de Ares, a realización de dous grandes murais en edificios públicos de Cesuras, carteis para as festas de San Roque e outros eventos, ilustracións para varios libros, folletos e revistas, realizacións de gravados, anagramas, emblemas de entidades, etiquetas comerciais, marcapáxinas, etc.

Participou en exposicións colectivas en Betanzos, en varias localidades de Galicia e España e en Buenos Aires. Individualmente, realizou dúas exposicións, ambas en Betanzos. En 1986 a de “Caricaturas de betanceiros” e en 1990 unha “Exposición retrospectiva”. A presente é a terceira exposición individual e chega trinta e nove anos despois da primeira.

Tagged antonio palla, betanzos, caricaturas, Cesuras, el ideal gallego, exposición, globo de betanzos, San Roque
Actividades, imaxes

Roteiro das fontes

Xuño 25, 2024Maio 18, 2025 Admin

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do Roteiro das fontes do pasado 25 de maio de 2024

Roteiro das fontes

Roteiro das fontes
Image 1 of 20

Tagged betanzos, fontes, Patrimonio, roteiro
Actividades

Roteiro das fontes: Ruta das Viñas e Pontellas

Maio 21, 2024Maio 18, 2025 Admin

A Asociación Cultural Eira Vella organiza unha nova actividade para dar a coñecer e pór en valor o noso patrimonio a través dun roteiro que sairá da Fonte de Diana o vindeiro sábado, 25 de maio de 2024, ás 17:00 horas.

Tagged As Fontes no Concello de Betanzos, betanzos, fontes, pontellas, roteiro, viñas
Homenaxe

Día da República: ofrenda ás vítimas da represión

Abril 10, 2024Maio 18, 2025 Admin

O día 12 de abril de 2024, ás 19:30 horas, a Asociación Cultura Eira Vella celebrará un ano máis a ofrenda diante da placa situada na entrada do Museo das Mariñas, reprodución da orixinal ubicada no Centro Betanzos de Bos Aires e na que se recollen os nomes das vítimas betanceiras da represión do 36.

Tagged 14deabril, betanzos, diadarepublica, II República, IIRepublica, memoriahistorica, memoriahistoricabetanzos, memoriahistoricagaliza
Actividades, Homenaxe

14 de abril: Sombras da memoria

Abril 13, 2021Maio 18, 2025 Admin

“Era necesario que tamén en Betanzos se recuperase esa memoria esquecida, abrir unha porta e dar paso aos recordos que se agochan no sentir dalgúns betanceiros e betanceiras, que a luz traspase as SOMBRAS DA MEMORIA…un acto de XUSTIZA HISTÒRICA…”

Tagged 14 abril, betanzos, II República, república
Actividades, Presentación, Publicacións

Presentación do libro «Patrimonio da comarca das Mariñas»

Maio 25, 2017Maio 18, 2025 Admin

O 25 de maio tivo lugar a presentación do libro «Patrimonio da Comarca das Mariñas», de Xosé María Veiga Ferreira e Juan Sobrino Ceballos. A presentación correu a cargo de Xesús Torres e Alfredo Erias, intervindo tamén Xosé María Veiga quen realizou unha proxección de imaxes sobre o patrimonio comarcal. O libro, editado por Eira Vella, recolle artigos publicados na revista A Xanela, na sección «O noso Patrimonio» entre os anos 1994 e 2016

Tagged as mariñas, betanzos, Patrimonio
Actividades

Sabela Arias DE DIARIO

Setembro 10, 2009Maio 18, 2025 Admin

de_diario2

 

Unha exposición que poderemos ver no Edificio Liceo do 15 ao 30 de setembro da artista Sabela Arias, que recolle acrílicos e tamén pequenas esculturas feitas de materiais reciclados.

Horario:

De luns a venres 19-21 h.

Sábados e domingos  12-14 h

 ev002

sa

A súa primeira exposición é no ano 1988 na súa cidade natal, pero desde ese 1988 as súas pinturas van variando de paisaxe como a súa vida.
Estuda na escola de Artes Ramón Falcón, obtén a licenciatura na facultade de Belas Artes de Salamanca para proseguir os estudos de postgrado na Universidade do Pais Vasco. Este ir e vir supón unha influencia clara, marcado gusto por novas paisaxes polo que podemos percorrer a súa obra como se fose unha viaxe.
A búsqueda desta artista plástica é sen ningunha dúbida a cor, o seu espazo e a textura, na que o tema vóltase case que anecdótico caendo nun mundo de ríos de pigmentos case sempre na gama cálida. Nesta bagaxe descubre distintas técnicas e sensacións que van pouco a pouco fundíndose co seu eterno encarnado nos lenzos.
Cuncas, torques, persoas, galerías, una descrición dunha sociedade que pasea diante de nós para que descubramos formas e cores.
Vemos a través dos anos cambios nas temáticas, aínda que a súa investigación sempre vai ó redor da experiencia da cor e dos ritmos que xorden dentro do seu espazo.
Ilustración, pintura, gravado, deseño, uso do espazo, podemos dicir que non lle importa nin a técnica nin o formato, que varía constantemente, a súa obra é una búsqueda de sensacións cromáticas puras
ev001 
Tagged betanzos, dediario, exposicións, sabela arias
Actividades

Xoán Curiel cantou na presentación d´A Xanela

Xullo 16, 2009Maio 18, 2025 Admin

cartazcuriel_11

O pasado sábado 20 de xuño tivo lugar na sala Azul do edificio Arquivo do Reino a presentación do número 27 da revista cultural das Mariñas, A Xanela, editada semestralmente pola Asociación Cultural Eira Vella, que se entregou ao público asistente.

Logo das palabras de presentación, a cargo do coordinador da revista Xesús Torres, tivo lugar un concerto do cantautor Xoán Curiel, músico nado na Fonsagrada en 1975 e residente dende hai anos en Santiago de Compostela.

Xoán Curiel lembrou ao longo do seu recital a súa etapa como viciño de Betanzos na súa adolescencia e tamén a súa actuación na presentación doutro número anterior da Xanela, hai case oito anos, cando estaba comenzando a súa carreira musical.

Interpretou varios temas do seu primeiro disco “Nai”, gravado o pasado ano e divulgado no Brasil e Franza con varios concertos, así como outros temas ben propios ou versionando os doutros autores.

O cantautor buscou e logrou a participación do público asistente en diversos momentos do recital que se prolongou durante case unha hora.

Tagged betanzos, cultura, Curiel, Xanela
Xuño 2026
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  
« Mai    

Etiquetas

20anos acoruña A Xanela betanzos cine diaderosalia espertar exposicións franquismo Historias de Icía e Avoa Homenaxe Homenaxe a Rosalía II República II Xornadas da Historia johanvicenteviqueira letras galegas libros Manuel Monge memoria democrática memoriahistorica memoriahistoricagaliza Memoria histórica música Neira Vilas Nieves Castro Lara palestina Patrimonio poemario poesía poesíagalega prensa presentación presentación de libros queremosgalego Querido Balbino recital rosaliabetanzos rosaliadecastro Rosalía Rosalía de Castro roteiro sabela arias Xabier López Xanela Xesús Torres

Histórico

Categorías

Proudly powered by WordPress | Theme: Dara by Automattic.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies