Etiqueta: sabela arias
venres 15. Presentación de Historias de Icía e Avoa…
Este venres ás 20:00 h presentamos o libro Historias de Icía e Avoa de Sabela Arias. AGARDÁMOSVOS!!
Sabela Arias DE DIARIO
Unha exposición que poderemos ver no Edificio Liceo do 15 ao 30 de setembro da artista Sabela Arias, que recolle acrílicos e tamén pequenas esculturas feitas de materiais reciclados.
Horario:
De luns a venres 19-21 h.
Sábados e domingos 12-14 h
A súa primeira exposición é no ano 1988 na súa cidade natal, pero desde ese 1988 as súas pinturas van variando de paisaxe como a súa vida.
Estuda na escola de Artes Ramón Falcón, obtén a licenciatura na facultade de Belas Artes de Salamanca para proseguir os estudos de postgrado na Universidade do Pais Vasco. Este ir e vir supón unha influencia clara, marcado gusto por novas paisaxes polo que podemos percorrer a súa obra como se fose unha viaxe.
A búsqueda desta artista plástica é sen ningunha dúbida a cor, o seu espazo e a textura, na que o tema vóltase case que anecdótico caendo nun mundo de ríos de pigmentos case sempre na gama cálida. Nesta bagaxe descubre distintas técnicas e sensacións que van pouco a pouco fundíndose co seu eterno encarnado nos lenzos.
Cuncas, torques, persoas, galerías, una descrición dunha sociedade que pasea diante de nós para que descubramos formas e cores.
Vemos a través dos anos cambios nas temáticas, aínda que a súa investigación sempre vai ó redor da experiencia da cor e dos ritmos que xorden dentro do seu espazo.
Ilustración, pintura, gravado, deseño, uso do espazo, podemos dicir que non lle importa nin a técnica nin o formato, que varía constantemente, a súa obra é una búsqueda de sensacións cromáticas puras