A seña de identidade da Asociación é a Revista Cultural A Xanela. Nos seus comenzos naceu como suplemento cultural do xornal Betanzos y su comarca, durante o ano 1994 e ate xuño de 1995 pasando logo a ter vida propia. Dende entón véñense presentando dous números anuais coincidindo co outono e a primavera co costume de presentala e distribuila de xeito gratuito nun acto público cunha actuación musical.
Dende 2016, A Xanela atópase en pausa. No ano 2018, coincidindo coa celebración do XXV aniversario da Asociación, publicamos unha edición facsimil da primeira etapa de A Xanela (1994 – 1995).
Último número, A Xanela nº 41, primavera 2016
Consulta os números anteriores de A Xanela
Agradecemos á Deputación da Coruña a axuda concedida para a edición de diferentes números da revisa A Xanela.