Skip to content
A.C. EIRA VELLA BETANZOS

A.C. EIRA VELLA BETANZOS

Espazo da Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos

  • Quen somos?
  • A Xanela
  • Publicacións
  • Actividades
  • Vídeos
  • Falan de nós
  • Contacto
  • Política de Privacidade e cookies

Etiqueta: poesía

Actividades, Homenaxe

Día de Rosalía 2025: Da túa man… Rosalía en imaxes

Febreiro 26, 2025Maio 18, 2025 Admin

Da túa man... Rosalía. Foto Arume

Da túa man... Rosalía. Foto Arume
Image 1 of 42

Tagged diaderosalia, poesía, poesíagalega, Rosalía, rosaliabetanzos, rosaliadecastro, SaudeeTerra!, _rdc2025
Actividades, Homenaxe

Día de Rosalía 2025: Da túa man… Rosalía

Febreiro 18, 2025Maio 18, 2025 Admin

Un ano máis, o Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella organizan a Homenaxe “Da túa man… Rosalía“, que terá lugar o vindeiro venres 21 de febreiro de 2025 na Aula municipal de Cultura Xulio Cuns, a partir das 18:30 horas.

Na homenaxe deste ano contaremos coa colaboración da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia e coa participación de alumnado de todos os centros de ensino de Betanzos (IES As Mariñas, IES Francisco Aguiar, CPR Nosa Señora do Carme-Atocha e CEIP Francisco Vales Villamarín), así como das asociacións betanceiras Asociación Cultural A Fuliada, Asociación Lar de Unta e a Agrupación musical Carlos Seijo.

Durante o acto lerase o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2025 redactado nesta ocasión por Marga do Val, que podedes ler completo na seguinte ligazón.

#_rdc2025 #SaudeeTerra!

Agardámosvos!

Tagged diaderosalia, poesía, poesíagalega, Rosalía, rosaliabetanzos, rosaliadecastro, SaudeeTerra!, _rdc2025
Presentación

Presentación dos poemarios de Ricardo Seixo

Marzo 4, 2024Maio 18, 2025 Admin

O pasado 25 de xaneiro de 2023 presentamos os poemarios de Ricardo Seixo Pousos de natureza e Outra volta no rodicio.

Aquí podedes ver algunhas imaxes da presentación

Moitas grazas a todas e todos os que nos acompañastes neste acto!

Tagged poemario, poesía, presentación, ricardoseixo
Homenaxe

Día de Rosalía 2024: Pensando en ti, Rosalía

Febreiro 14, 2024Maio 18, 2025 Admin

O Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella organizan a Homenaxe “Rosalía, pensando en ti“, que terá lugar o vindeiro venres 23 de febreiro de 2024 na Aula municipal de Cultura Xulio Cuns, a partir das 19:00 horas.


Na homenaxe deste ano contaremos coa participación de alumnado de todos os centros de ensino de Betanzos (IES As Mariñas, IES Francisco Aguiar, CPR Nosa Señora do Carme-Atocha e CEIP Francisco Vales Villamarín), así como das asociacións betanceiras Asociación Cultural A Fuliada, Asociación Lar de Unta e Colectivo feminista das Mariñas.

“Hai século e medio, unha moza con pouco máis de vinte anos mudou a Historia. Iso de mudar a Historia non é cousa que aconteza todos os días. Ela era consciente de que os seus libros abrían camiños, que con eles “levantaba unha bandeira” da que non ía desertar. De feito, este recanto do mundo chamado Galiza non é o mesmo após Rosalía de Castro. Hai un antes e un despois”. Así comeza o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2024, que podedes ler completo na seguinte ligazón.

Agardámosvos!

Tagged aelg, diaderosalia, poesía, poesíagalega, Rosalía, rosaliabetanzos, rosaliadecastro
Actividades, Presentación

Presentación dos poemarios Pousos de Natureza e Outra volta no Rodicio de Ricardo Seixo

Xaneiro 18, 2024Maio 18, 2025 Admin

A AC Eira Vella presentará en Betanzos o vindeiro 25 de xaneiro de 2024 os poemarios Pousos de Natureza e Outra volta no Rodicio de Ricardo Seixo, ilustrados por Abraham Vila. O acto terá lugar ás 20:00 horas na Sala Azul do Edificio Arquivo e o autor estará acompañado do colectivo Gosto de Vivir a Poesía e o grupo Maraxe.

Mestre case corenta anos por diferentes localidades do país, vinculado á música tradicional a través de diferentes grupos e ao activismo social na Asociación veciñal da Agra do Orzán da Coruña coa que colabora dende fai moitos anos, Ricardo Seixo manifesta que cre na forza colectiva para o cambio, ve a poesía como unha reflexión interior que se converte en libro para xerar un debate colectivo, un instrumento de crítica necesario para a evolución e revolución social cara a unha convivencia máis xusta e igualitaria. A poesía como un medio de loita por facer real a utopía.

Un claro exemplo é un dos libros que presentará este vindeiro 25 de xaneiro. Outra volta no Rodicio é un reclamo poético a un rodicio colectivo que siga a virar para vermos de facer fariña daqueles que queren seguir a nos roubar o pan, unha reivindicación que nace da resposta á contemplación da morte dos muíños de río, nun momento nas que as grandes empresas enerxéticas, coa colaboración dos gobernos, entenden que se pode privatizar o colectivo en beneficio propio.

Agardámosvos!

Tagged outra volta de rodicio, poesía, poesíagalega, pousos de natureza, presentación, presentación de libros, Ricardo Seixo
Actividades, Homenaxe

Rosalía na nosa voz

Marzo 5, 2023Maio 18, 2025 Admin

Achegamos algunhas imaxes do acto Rosalía na nosa voz do pasado 24 de febreiro de 2023.

No acto puidemos contar con Dores Cao e a súa xenial Rosalía e as rapazas e rapaces do IES As Mariñas e do CPR Nuestra Señora del Carmen-Atocha.

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación! Rosalía, sempre viva!

Tagged día de Rosalía, Homenaxe, poesía, Rosalía
Actividades, Homenaxe

Día de Rosalía 2023

Febreiro 20, 2023Maio 18, 2025 Admin
Rosalía na nosa voz, Día de Rosalía AC Eira Vella 2023

Con Rosalía na nosa voz, a AC Eira Vella recupera o tradicional recital dos poemas da poeta galega que viña organizando anualmente para conmemorar o seu nacemento.

Nesta ocasión, o acto terá lugar o venres, 24 de febreiro de 2023, ás 19:30 horas na sala Azul do Edificio Arquivo.

Na homenaxe a Rosalía, Eira Vella conta coa colaboración de BAM Betanzos (Biblioteca municipal Castelao, Arquivo municipal de Betanzos e Museo das Mariñas) e do Concello de Betanzos.

Tagged diaderosalia, Homenaxe, poesía, Rosalía
Presentación

Presentación do novo libro de Lino García Salgado

Xuño 13, 2022Maio 18, 2025 Admin

O vindeiro xoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Arquivo a Asociación Cultural Eira Vella contará co poeta Lino García Salgado para a presentación de Kamikaces, o seu novo poemario, publicado pola editorial Medulia.

Kamikazes defínese por unha estrutura complexa onde a musicalidade ten un compoñente esencial. Textos que transitan entre a crítica social, a ironía e unha dor que se expresa de maneira solermiña, como un regato entre as palabras.

Lino García Salgado é un dos poetas publicados na colección Xanela da poesía co seu poemario Espertar (2010). É autor tamén de Meliflua moradía (2012).

Tagged linogarciasalgado, poemario, poesía, presentación
Actividades, Presentación

Presentación dos poemarios de Ricardo Seixo

Abril 6, 2022Maio 18, 2025 Admin

O pasado 31 de marzo de 2022, a poesía e a música compartiron espazo na presentación dos poemarios de Ricardo Seixo: Sinais, Na república da intimidade e Coa luz negada. Queremos compartir algunhas imaxes da fermosa presentación.

Presentacion-Poemarios-Ricardo-Seixo-16

Presentacion-Poemarios-Ricardo-Seixo-16
Image 1 of 15

Tagged poemario, poemarios, poesía, presentación, Ricardo Seixo
Presentación

Ricardo Seixo presenta os seus poemarios en Betanzos

Marzo 28, 2022Maio 18, 2025 Admin

Este vindeiro 31 de marzo ás 20:00 horas na Sala Azul do Edificio Arquivo de Betanzos, Ricardo Seixo, acompañado do grupo de música tradicional Maraxe e do colectivo Gosto de vivir a poesía, presentará os seus poemarios Sinais, Na república da intimidade e Coa luz negada.

Ricardo Seixo

Ricardo Seixo
Image 1 of 8

Ricardo Seixo, mestre en diversas localidades de Galiza e actualmente xubilado (en activo), formou parte de diferentes grupos de música tradicional, e hoxe coas súas fillas Sonia e Noa, anda a tecer novos textos en vellas melodías a través de Maraxe. Ademais traballa no activismo social a través da Asociación veciñal Agra, na que coordina actividades relacionadas con mundo da música e da literatura galegas, como “Polo gosto de cantar” e “Gosto de vivir a poesía”, e tamén colabora coa Fundación Eira da Xoana coordinando un obradoiro de canto tradicional.

Ademais dos poemarios que se presentarán o xoves, é autor de Ollares (2016) e Versos noctámbulos (2018).

Tagged poemario, poesía, presentación, ricardoseixo

Navegación de entradas

Artigos antigos
Xuño 2026
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  
« Mai    

Etiquetas

20anos acoruña A Xanela betanzos cine diaderosalia espertar exposicións franquismo Historias de Icía e Avoa Homenaxe Homenaxe a Rosalía II República II Xornadas da Historia johanvicenteviqueira letras galegas libros Manuel Monge memoria democrática memoriahistorica memoriahistoricagaliza Memoria histórica música Neira Vilas Nieves Castro Lara palestina Patrimonio poemario poesía poesíagalega prensa presentación presentación de libros queremosgalego Querido Balbino recital rosaliabetanzos rosaliadecastro Rosalía Rosalía de Castro roteiro sabela arias Xabier López Xanela Xesús Torres

Histórico

Categorías

Proudly powered by WordPress | Theme: Dara by Automattic.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies