Skip to content
A.C. EIRA VELLA BETANZOS

A.C. EIRA VELLA BETANZOS

Espazo da Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos

  • Quen somos?
  • A Xanela
  • Publicacións
  • Actividades
  • Vídeos
  • Falan de nós
  • Contacto
  • Política de Privacidade e cookies

Categoría: Exposicións

Exposicións

Inauguración da exposición de caricaturas de Antonio Palla

Setembro 14, 2025Setembro 16, 2025 Admin

Inauguración da exposición de caricaturas de Antonio Palla

Inauguración da exposición de caricaturas de Antonio Palla
Image 1 of 8

Artigo en El Ideal Gallego sobre Antonio Palla e a exposición

Tagged Antonio Palla; caricaturas, betanzos, exposición, Inauguración
Exposicións

Exposición de caricaturas de Antonio Palla

Agosto 19, 2025Agosto 19, 2025 Admin

Durante o mes de setembro de 2025, entre os días 5 e 30, terá lugar na sala de exposicións Jesús Núñez do edificio Arquivo unha exposición de caricaturas do artista betanceiro Antonio Palla.

A Asociación Cultural Eira Vella organiza esta mostra, coa colaboración do Concello de Betanzos, que se poderá visitar en horarios de 10:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas de martes a venres, e de 11:30 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas os sábados. A inauguración da mesma terá lugar o venres 5 de setembro de 2025 ás 20:00 horas.

Antonio Palla compaxinou o seu labor docente, do que está xubilado, con diversas actividades artísticas, entre as que destaca principalmente a caricatura. Neste eido artístico traballou durante tres anos, entre 1987 e 1980, para o xornal coruñés El Ideal Gallego. Ao longo da súa vida calcula que terá realizado arredor de medio millar de caricaturas.

Palla colaborou ininterrumpidamente durante vintedous anos –entre 1979 e 2000– no pintado do globo de San Roque con viñetas humorísticas e caricaturas. Reanudou a súa colaboración en 2022 e tamén no 2024 e voltou facelo no deste ano. En total son case un centenar os cuarteróns ilustrados por el.

Outras actividades artísticas súas son os deseños para alfombras florais do Corpus Christi na vila de Ares, a realización de dous grandes murais en edificios públicos de Cesuras, carteis para as festas de San Roque e outros eventos, ilustracións para varios libros, folletos e revistas, realizacións de gravados, anagramas, emblemas de entidades, etiquetas comerciais, marcapáxinas, etc.

Participou en exposicións colectivas en Betanzos, en varias localidades de Galicia e España e en Buenos Aires. Individualmente, realizou dúas exposicións, ambas en Betanzos. En 1986 a de “Caricaturas de betanceiros” e en 1990 unha “Exposición retrospectiva”. A presente é a terceira exposición individual e chega trinta e nove anos despois da primeira.

Tagged antonio palla, betanzos, caricaturas, Cesuras, el ideal gallego, exposición, globo de betanzos, San Roque
Actividades, Exposicións

Este venres 14 inauguramos “Meigas, sabias e mulleres boas”

Outubro 12, 2016Maio 18, 2025 Admin

2016 “Meigas, sabias e mulleres boas” Carme Romero

Este venres 14 ás 20.30 h. terá lugar a inauguración da mostra “Meigas, sabias e mulleres boas” de Carme Romero Díaz.

Agardámosvos!

Poderedes mergullarvos neste universo feminino exposto no Edificio Arquivo (Liceo) dende o día 13 de outubro ate o día 15 de novembro.

Tagged Carmen Romero, exposicións
Actividades, Exposicións

…o sábado 1 de novembro inauguramos exposición.

Outubro 23, 2014Maio 18, 2025 Admin

Screenshot_2014-10-23-00-33-41-1

Tagged exposicións, Viki Rivadulla
Actividades, Exposicións

Mulleres mariñas de Carmen Romero

Outubro 19, 2013Maio 18, 2025 Admin

cartaz_mulleresmariñas

Tagged Carmen Romero, exposicións, Mulleres Mariñas
Actividades, Exposicións

Imaxes da exposición dos XX anos

Outubro 13, 2013Maio 18, 2025 Admin

O  pasado martes 17 de setembro inaugurouse a Mostra Documental dos XX anos de Eira Vella.
No acto interveu a presidenta Pilar Vázquez, a vicepresidenta Mariña Longueira leu o poema da ausente Gabriela Rodríguez alusivo aos “XX anos”, e Francisco Pérez Porto pechou o acto cunha intervención musical cantando cancións e romances tradicionais galegos e poemas de Curros e Rosalía.
Entre os asistentes estaban o Alcalde, concelleiros do PSOE, BNG e CxB, persoas do mundo artístico e cultural de Betanzos, libreiros, socios e directivos da asociación, veciños e veciñas.

http://flash.picturetrail.com/pflicks/3/spflick.swf

Tagged exposicións, XXanos
Exposicións

Exposición A feminina esencia

Maio 6, 2013Maio 18, 2025 Admin

Accede á sección EXPOSICIÓNS DENDE A IMAXE DA SALA .

Tagged A feminina esencia, Nieves Castro Lara
Exposicións, imaxes

xa podedes visitar a exposición “A feminina esencia”

Maio 3, 2013Maio 18, 2025 Admin

Convidámosvos a visitar a exposición A feminina esencia, que estará aberta ate o día 14 deste mes de maio.  Accedendo á imaxe poderedes consultar a información do díptico da exposición.

Saúdos!

Tagged A feminina esencia, Nieves Castro Lara
Exposicións

A feminina esencia… Do 1 ao 14 de maio

Abril 30, 2013Maio 18, 2025 Admin

Convidámosvos a visitar a exposición “A feminina esencia” da artista NIEVES CASTRO LARA  que terá lugar na Sala de Exposicións do Edificio Arquivo do 1 ao 14 de maio. A exposición contará tamén con tallas e esculturas de MARCELO VILLALBA.

A feminina esencia

Horario de visita:

19:00-21:00h. De Luns a Venres

12:00-14:00h. Sábados e Domingos

Tagged A feminina esencia, Marcelo Villalba, Nieves Castro Lara
Exposicións

Visita á exposición…

Setembro 23, 2012Maio 18, 2025 Admin

O pasado sábado 8 de setembro visitou a exposición “Querido Balbino” o antropólogo Tadashi Yamamoto, que está a traducir ao xaponés as “Memorias dun neno labrego”. Estivo acompañado da súa dona Kazumi e do xornalista vilalbés Moncho Paz, director de “A Voz de Vilalba”.

P8080610P8080618

Tagged Querido Balbino

Navegación de entradas

Artigos antigos
Xuño 2026
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  
« Mai    

Etiquetas

20anos acoruña A Xanela betanzos cine diaderosalia espertar exposicións franquismo Historias de Icía e Avoa Homenaxe Homenaxe a Rosalía II República II Xornadas da Historia johanvicenteviqueira letras galegas libros Manuel Monge memoria democrática memoriahistorica memoriahistoricagaliza Memoria histórica música Neira Vilas Nieves Castro Lara palestina Patrimonio poemario poesía poesíagalega prensa presentación presentación de libros queremosgalego Querido Balbino recital rosaliabetanzos rosaliadecastro Rosalía Rosalía de Castro roteiro sabela arias Xabier López Xanela Xesús Torres

Histórico

Categorías

Proudly powered by WordPress | Theme: Dara by Automattic.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies