O pasado sábado 8 de setembro visitou a exposición “Querido Balbino” o antropólogo Tadashi Yamamoto, que está a traducir ao xaponés as “Memorias dun neno labrego”. Estivo acompañado da súa dona Kazumi e do xornalista vilalbés Moncho Paz, director de “A Voz de Vilalba”.