O 25 de maio tivo lugar a presentación do libro «Patrimonio da Comarca das Mariñas», de Xosé María Veiga Ferreira e Juan Sobrino Ceballos. A presentación correu a cargo de Xesús Torres e Alfredo Erias, intervindo tamén Xosé María Veiga quen realizou unha proxección de imaxes sobre o patrimonio comarcal. O libro, editado por Eira Vella, recolle artigos publicados na revista A Xanela, na sección «O noso Patrimonio» entre os anos 1994 e 2016
Etiqueta: Patrimonio
Conferencia Manuel Chamoso Lamas o 23 de abril
O vindeiro venres 23 de abril ás 20,30 horas no Edificio Arquivo (Liceo – Sala Azul) está programada a conferencia : “Manuel Chamoso Lamas e o Patrimonio Cultural de Galicia no século XX” a cargo de Felipe Senén.