Vizoño. Rei, Maxi. ISBN: 978-84-611-4259-0
O autor de Abegondo inicia a colección de Xanela da poesía con “Vizoño”, un poemario autobiográfico, composto de vintetrés poemas, que quere rescatar a memoria da infancia, sentida como un tempo feliz, ao tempo que nos fala da desaparición e abandono do mundo rural. A portada reproduce un gravado do artista betanceiro Jesús Núñez.
