Presentouse en Sada o libro das fontes de Betanzos
Da man da A.C. Irmáns Suárez Picallo, presentouse o pasado día 24 na Casa da Xuventude de Sada o libro “As fontes no concello de Betanzos”, que foi editado meses atrás pola Asociación Cultural Eira Vella e presentado tamén na cidade betanceira.
No acto interviron os autores, Antón García González e Xesús Torres Regueiro. Ao remate falaron tamén os mestres Xosé Seoane e Francisco Pita (presidente da entidade organizadora) arredor de experiencias educativas que realizaron sobre as fontes de Sada e Culleredo, respectivamente.