Skip to content
A.C. EIRA VELLA BETANZOS

A.C. EIRA VELLA BETANZOS

Espazo da Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos

  • Quen somos?
  • A Xanela
  • Publicacións
  • Actividades
  • Vídeos
  • Falan de nós
  • Contacto
  • Política de Privacidade e cookies

Etiqueta: irmandadesdafala

Actividades

Roteiro das Irmandades da Fala en imaxes

Decembro 2, 2024Maio 18, 2025 Admin

O pasado 30 de novembro de 2024 organizouse o Roteiro das Irmandades da Fala das que vos compartimos algunhas imaxes.

Roteiro das Irmandades da Fala

Roteiro das Irmandades da Fala
Image 1 of 19

Tamén vos convidamos a visitar a galería de imaxes de El Ideal Gallego na seguinte ligazón: https://www.elidealgallego.com/albums/view/113032/ruta-as-irmandades-da-fala-organizado-alexandre-boveda

Tagged acoruña, irmandadesdafala, johan vicente viqueira, roteiros
Actividades, Homenaxe

Roteiro das Irmandades da Fala

Novembro 27, 2024Maio 18, 2025 Admin

O vindeiro sábado, 30 de novembro de 2024, ás 17:00 horas, o Roteiro das Irmandades da Fala percorrerá a cidade da Coruña e os espazos nos que deixou a súa pegada. O Roteiro sairá do Instituto Eusebio da Guarda e durante hora e media lembrarase a persoeiros como Johán Vicente Viqueira, Primeiro Conselleiro da Irmandade da Coruña; Manuel Lugrís Freire, protagonista dun dos primeiros mitins en galego (1907) e autor dunha gramática na nosa lingua; Álvaro Cebreiro, figura fundamental da vangarda artística galega dos anos vinte e trinta, e autor, co poeta Manuel Antonio, do manifesto ‘Máis alá!’; María Miramontes e Ánxel Casal e o seu traballo na editorial Nós (e antes en Lar xunto a Leandro Carré). O roteiro incluirá tamén ao Teatro Rosalía no que se fará unha pequena lembranza do teatro das Irmandades e o Rego de Auga 38, sede da Academia, onde o 18 de maio de 1916 nacen as Irmandades da man dos irmáns Vilar Ponte.

O Roteiro está organizado polas seguintes entidades: AC Alexandre Bóveda, ACLP Roxín Roxal, AC Eira Vella, AC Irmáns Suárez Picallo, Lar de Unta, CPI Cruz do Sar, IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, Proxecto Pesquedellas, Zona Hadal, Rede Cultural Betanzos e Bisbarra.

Non é necesaria a inscrición e pódese consultar toda a información na seguinte ligazón: https://acalexandreboveda.gal/event/roteiro-das-irmandades/

Esperámosvos!

Tagged acoruña, irmandadesdafala, johan vicente viqueira, roteiros
Maio 2026
M T W T F S S
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
« Abr    

Etiquetas

20anos acoruña A feminina esencia As Fontes no Concello de Betanzos A Xanela betanzos cine diaderosalia espertar exposicións franquismo Historias de Icía e Avoa Homenaxe Homenaxe a Rosalía II República II Xornadas da Historia johanvicenteviqueira letras galegas libros Manuel Monge memoria democrática memoriahistorica memoriahistoricagaliza Memoria histórica música Nieves Castro Lara palestina Patrimonio poemario poesía poesíagalega prensa presentación queremosgalego Querido Balbino recital rosaliabetanzos rosaliadecastro Rosalía Rosalía de Castro roteiro sabela arias Xabier López Xanela Xesús Torres

Histórico

Categorías

Proudly powered by WordPress | Theme: Dara by Automattic.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies