Actividades, Letras Galegas

O Galego Lingua Vital

A nosa lingua está a sufrir a perda de moitos falantes. “Si perdemos a lingua non seremos ninguén”.
Por iso Eira Vella sempre defenderá e estará alí onde sexa precisa a súa aportación, dende sempre e ate que as forzas o permitan e, por iso onte, na manifestación, estivemos en Compostela, onde milleiros de persoas seguen a defender a lingua e cultura do noso país. Aló vai unha pequena mostra…

Galego Lingua Vital

Image 1 of 5

Actividades

Liberdade para o galego

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal e a Asociación Cultural Eira Vella, en colaboración co Concello de Betanzos e a axuda da Deputación da Coruña, organizan este vindeiro venres, 18 de outubro de 2024, unha serie de actos en torno á lingua galega e a súa preocupante situación actual.

Ás 18:00 horas emitirase en liña e en directo, na canle de Youtube da ACLP Roxín Roxal, así como a través da súa conta de Facebook e Twitch (acpl_roxinroxal), o encontro Emerxencia Lingüística Extrema na que Marcos Maceira e Elsa Quintas, Presidente e Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística respectivamente, serán entrevistados por Daniel Seixo para analizar a grave situación do galego evidenciada na publicación dos últimos datos do Instituto Galego de Estadística sobre a lingua.

Ás 20:00 horas, no Salón azul Edificio Liceo Arquivo do Antigo Reino de Galicia de Betanzos, os dous entrevistados, acompañados polo profesor e escritor Miguel Rodríguez Carnota, presentarán o libro da súa autoría Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua editado por Edicións Laiovento.

O acto pecharase coa actuación musical de Tres nun zoco, con Mini, Iria e Navia Rivas.