O dúo “Cantata Vernácula”, con Suso Vaamonde e Xoán Porto, puxo digno colofón musical, conseguindo que o numeroso público asistente participara activamente das súas cancións.
Etiqueta: Cantata Vernácula
Suso Vaamonde e Xoán Porto na presentación da Xanela
O vindeiro sábado 12 de decembro presentarase o número 28 da revista A Xanela, coa actuación de Suso Vaamonde e Xoán Porto. O acto dará comezo ás 20:00h na Sala Azul do Edificio Arquivo.
Este número de Outono conta con seccións máis ou menos habituais, como son: Creación, Comic, Letras de Portugal, O noso patrimonio, Toponimia, Memoria do 36, Folclore, Historia, Viaxeiros, Música e Publicacións. Entre os seus colaboradores atópanse Marica Campo, Fernando Díaz-Castroverde, Paulo Martínez Lema, Maxi Rei, Gabriela Rodríguez, Olga Patiño, Xulio Rozados, Víctor Tizón, Sabela Arias, Olaia, Luis Otero, Xosé Mª Veiga, Juan Sobrino, Manuel B. Dans, Xesús Torres, Moncho do Orzán, Manuel Pérez Lorenzo, Felipe-Senén López, Xosé Lois Sobrino, Baraxeiro e os portugueses Idalécio Caçao, Fernando Botto Semedo e Cândido da Velha.
Suso Vaamonde ten acadado diversos premios en certames de gaita galega, entre eles o prestixioso Constantino Bellón (Ferrol). Gravou algúns CDs, como “Danza Prima”, xunto co seu irmán Pepe Vaamonde; “Galicia Terra Única”, con Nani García; “Terrabieita”; “Doce polainas enteiras”; ou “Vellas Artes” co trío Vaamonde, Lamas & Romero. Pola súa banda, Xoán Porto toca a gaita, acordeón, guitarra e bouzouki e ten arranxado temas para o grupo Leilía.