Homenaxe

Lembrando a Xulio Cuns

Durante os meses de outubro e novembro de 2026, a Asociación cultural Eira Vella, coa colaboración do Concello de Betanzos, desenvolverá unha serie de actos de homenaxe a Xulio Cuns no centenario do seu nacemento.

Para comenzar, o vindeiro xoves, 22 de outubro de 2026, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Xulio Cuns, poderemos asistir a un encontro literario musical no que participarán, entre outros músicos e amigos, Xesús Torres, Alfredo Erias e Olga Patiño.

Do 5 ao 28 de novembro, a Sala de Exposicións Jesús Núñez acollerá unha exposición bio-bibliográfica.

O 26 de novembro, tamén na Aula de Cultura, se desenvolverá unha dramatización de O ramallo de loureiro, unha das obras de teatro de Xulio Cuns, que será representada por Catro Gatos Teatro.

Agardámosvos!