Xornadas Conferencias

Eira Vella no FESTIBAM

A A.C. Eira Vella de Betanzos, participará no FESTIBAM, o festival da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas, durante o fin de semana do 12 e 13 de setembro, amosando as revistas e libros publicadas e dando a coñecer así unha parte importante do traballo realizado nestes longos anos.

A asociación invita á participación nun taller, dirixido a nenas e nenos e ao público adulto, e no que se traballará sobre as fiestras que pechaban a contraportada da revista A Xanela, convidando a facer debuxos desas xanelas ou doutras do seu interese.

Agardamos que aqueles que se acheguen leven un maior coñecemento dunha asociación que quixo aportar algo diferente a Betanzos e comarca.

Agardámosvos!