Ofrenda floral no Día da República na placa situada á entrada do Museo das Mariñas e a Biblioteca Municipal
Sirva a presenza da placa situada na entrada do Museo das Mariñas e esta ofrenda floral que recorda ás vítimas betanceiras do franquismo para, dende a nosa Historia local, recordarnos que non debemos nin podemos mirar para outro lado perante ás vítimas das guerras e a opresión e para ter presentes a todas aquelas persoas que dende o exilio forzoso loitan cos seus testemuños únicos por manter a memoria viva, como a mantiveron os betanceiros exiliados na Arxentina.
Nestes tempos de ameaza global no que asistimos a silencios impensables, precisamos a memoria e os seus instrumentos máis visibles e vivos que nunca.
