Velaí algunhas imaxes do acto da presentación celebrada o pasado venres…
Velaí algunhas imaxes do acto da presentación celebrada o pasado venres…
Presentouse en Sada o libro das fontes de Betanzos

Da man da A.C. Irmáns Suárez Picallo, presentouse o pasado día 24 na Casa da Xuventude de Sada o libro “As fontes no concello de Betanzos”, que foi editado meses atrás pola Asociación Cultural Eira Vella e presentado tamén na cidade betanceira.

No acto interviron os autores, Antón García González e Xesús Torres Regueiro. Ao remate falaron tamén os mestres Xosé Seoane e Francisco Pita (presidente da entidade organizadora) arredor de experiencias educativas que realizaron sobre as fontes de Sada e Culleredo, respectivamente.



![CARTAZ fontes[1]](http://eiravellaac.gal/wp-content/uploads/2013/01/cartaz-fontes1.jpg)
O vindeiro xoves 24 presentarase en Sada o libro que editamos sobre
“As fontes no concello de Betanzos”, de Antón García e Xesús Torres.
O acto celebrarase na Casa da Xuventude ás 8 do serán.
O vindeiro xoves día 5 de xullo ás 20,30 h, presentarase AS FONTES NO CONCELLO DE BETANZOS de Antón García e Xesús Torres.
O acto terá lugar na Sala Azul do Edificio Arquivo.
Agardámosvos!
Presentarase o libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de CARLOS CALLÓN, o día 3 de febreiro ás 20:30 na sala azul do Edificio Arquivo.
Interveñen: XULIO XIZ, ALFONSO BRANCO, DAVID OTERO, ALFONSO SANMARTÍN, SABELA ARIAS e BALDOMERO IGLESIAS.
E a actuación de: MIRO CASABELLA

De Baldomero Iglesias, Mero e ilustracións de Sabela Arias.