Categoría: Presentación
Presentación de…Cando Artur non era rei
Un novo libro do escritor Xabier López López presentarase en Betanzos o día 30 de novembro. Será no Edificio Arquivo(Liceo), ás 20:30 na Sala Azul.
Cando Artur non era rei é un libro de literatura xuvenil publicado por Galaxia, que xa forma parte da extensa obra do autor de O Caderno, O mono no espello, A vida que nos mata, Os libros prestados e outros, acadando o recoñecemento da crítica con varios premios, entre eles o da crítica española en 2003, o Risco de Literatura Fantástica, Lueiro Rey de novela curta en 2002 e finalista en moitos de gran relevancia.
Parabéns ao autor e que sexan moitos máis.
Presentación de Letras de Amor e Guerra
Presentación do libro de poemas “Letras de Amor e Guerra” de Ramiro Vidal Alvarinho o vindeiro sábado día 15 de setembro. Agardámosvos na Sala Azul do Edificio Arquivo (Liceo) ás 20:30 h.
Onte presentamos As fontes no concello de Betanzos
5 xullo: As fontes no concello de Betanzos
O vindeiro xoves día 5 de xullo ás 20,30 h, presentarase AS FONTES NO CONCELLO DE BETANZOS de Antón García e Xesús Torres.
O acto terá lugar na Sala Azul do Edificio Arquivo.
Agardámosvos!
Presentación do número 33 de A Xanela… 9 de xuño
3 de febreiro – Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
Presentarase o libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de CARLOS CALLÓN, o día 3 de febreiro ás 20:30 na sala azul do Edificio Arquivo.