Velaí algunhas imaxes do acto da presentación celebrada o pasado venres…
Velaí algunhas imaxes do acto da presentación celebrada o pasado venres…
Presentouse en Sada o libro das fontes de Betanzos
Da man da A.C. Irmáns Suárez Picallo, presentouse o pasado día 24 na Casa da Xuventude de Sada o libro “As fontes no concello de Betanzos”, que foi editado meses atrás pola Asociación Cultural Eira Vella e presentado tamén na cidade betanceira.
No acto interviron os autores, Antón García González e Xesús Torres Regueiro. Ao remate falaron tamén os mestres Xosé Seoane e Francisco Pita (presidente da entidade organizadora) arredor de experiencias educativas que realizaron sobre as fontes de Sada e Culleredo, respectivamente.
O vindeiro xoves 24 presentarase en Sada o libro que editamos sobre
“As fontes no concello de Betanzos”, de Antón García e Xesús Torres.
O acto celebrarase na Casa da Xuventude ás 8 do serán.
Miro Casabella (Ferreira do Valadouro, 1946) formou parte do movimento da Nova Canción Galega e de Voces Ceibes nos últimos anos da ditadura franquista, loitando dende a resistencia cultural.
Ligado nos seus comezos musicais a Cataluña, onde realizou os estudos, alí entra en contacto com membros da Nova Cançó e con Paco Ibáñez, participando en festivais pola península e por Franza. En Barcelona grava co selo Edigsa/Xistral dous discos de curta duración: “Miro canta as súas canciós” e “Cantigas de escarnho e maldizer”.
De volta en Galiza, en 1977 sae o seu disco “Ti Galiza” e ao ano seguinte “Treboada”, ambos LP´s de longa duración.
En 1979 intégrase no grupo Doa, sacando en 1981 o disco “O son da estrela escura”, de música popular e medieval.
Despois dun longo silenzo de vinte anos, volve editar un disco no ano 2004: “Orvallo”, con doce canzóns, dende os cancioneiros medievais a autores contemporáneos, pasando por Rosalía.
Reapareceu en 2002 nun concerto en Guitiriz nun festival de Nunca Máis, e dende entón, non deixou de aportar a súa voz e a súa música en diversos actos e iniciativas en defensa da lingua, a cultura e o país. Con nós xa estivo cando a presentación da Xanela nº 19, na primavera do 2005, na presentación do libro de poemas de Mero en outubro do pasado ano e volta a estar connosco na presentación desta Xanela nº 34.
Un novo libro do escritor Xabier López López presentarase en Betanzos o día 30 de novembro. Será no Edificio Arquivo(Liceo), ás 20:30 na Sala Azul.
Cando Artur non era rei é un libro de literatura xuvenil publicado por Galaxia, que xa forma parte da extensa obra do autor de O Caderno, O mono no espello, A vida que nos mata, Os libros prestados e outros, acadando o recoñecemento da crítica con varios premios, entre eles o da crítica española en 2003, o Risco de Literatura Fantástica, Lueiro Rey de novela curta en 2002 e finalista en moitos de gran relevancia.
Parabéns ao autor e que sexan moitos máis.
Presentación do libro de poemas “Letras de Amor e Guerra” de Ramiro Vidal Alvarinho o vindeiro sábado día 15 de setembro. Agardámosvos na Sala Azul do Edificio Arquivo (Liceo) ás 20:30 h.
O vindeiro xoves día 5 de xullo ás 20,30 h, presentarase AS FONTES NO CONCELLO DE BETANZOS de Antón García e Xesús Torres.
O acto terá lugar na Sala Azul do Edificio Arquivo.
Agardámosvos!