Skip to content
A.C. EIRA VELLA BETANZOS

A.C. EIRA VELLA BETANZOS

Espazo da Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos

  • Quen somos?
  • A Xanela
  • Publicacións
  • Actividades
  • Vídeos
  • Falan de nós
  • Contacto
  • Política de Privacidade e cookies

Categoría: Actividades

Actividades

Roteiro das Irmandades da Fala en imaxes

Decembro 2, 2024Maio 18, 2025 Admin

O pasado 30 de novembro de 2024 organizouse o Roteiro das Irmandades da Fala das que vos compartimos algunhas imaxes.

Roteiro das Irmandades da Fala

Roteiro das Irmandades da Fala
Image 1 of 19

Tamén vos convidamos a visitar a galería de imaxes de El Ideal Gallego na seguinte ligazón: https://www.elidealgallego.com/albums/view/113032/ruta-as-irmandades-da-fala-organizado-alexandre-boveda

Tagged acoruña, irmandadesdafala, johan vicente viqueira, roteiros
Actividades, Homenaxe

Roteiro das Irmandades da Fala

Novembro 27, 2024Maio 18, 2025 Admin

O vindeiro sábado, 30 de novembro de 2024, ás 17:00 horas, o Roteiro das Irmandades da Fala percorrerá a cidade da Coruña e os espazos nos que deixou a súa pegada. O Roteiro sairá do Instituto Eusebio da Guarda e durante hora e media lembrarase a persoeiros como Johán Vicente Viqueira, Primeiro Conselleiro da Irmandade da Coruña; Manuel Lugrís Freire, protagonista dun dos primeiros mitins en galego (1907) e autor dunha gramática na nosa lingua; Álvaro Cebreiro, figura fundamental da vangarda artística galega dos anos vinte e trinta, e autor, co poeta Manuel Antonio, do manifesto ‘Máis alá!’; María Miramontes e Ánxel Casal e o seu traballo na editorial Nós (e antes en Lar xunto a Leandro Carré). O roteiro incluirá tamén ao Teatro Rosalía no que se fará unha pequena lembranza do teatro das Irmandades e o Rego de Auga 38, sede da Academia, onde o 18 de maio de 1916 nacen as Irmandades da man dos irmáns Vilar Ponte.

O Roteiro está organizado polas seguintes entidades: AC Alexandre Bóveda, ACLP Roxín Roxal, AC Eira Vella, AC Irmáns Suárez Picallo, Lar de Unta, CPI Cruz do Sar, IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, Proxecto Pesquedellas, Zona Hadal, Rede Cultural Betanzos e Bisbarra.

Non é necesaria a inscrición e pódese consultar toda a información na seguinte ligazón: https://acalexandreboveda.gal/event/roteiro-das-irmandades/

Esperámosvos!

Tagged acoruña, irmandadesdafala, johan vicente viqueira, roteiros
Actividades, Homenaxe, imaxes

Visita guiada Quinta do Cortón en imaxes

Outubro 26, 2024Maio 18, 2025 Admin

O pasado 22 de outubro de 2024, dentro do programa de actos de homenaxe que están tendo lugar na comarca, no centenario do pasamento de Johán Vicente Viqueira, organizouse un roteiro guiado por Xesús Torres pola finca da Quinta do Cortón e das que vos compartimos algunhas imaxes.

Homenaxe a Johán Vicente Viqueira: Visita guiada pola Quinta do Cortón

Homenaxe a Johán Vicente Viqueira: Visita guiada pola Quinta do Cortón
Image 1 of 13

Tagged homenaxecentenarioviqueira, johanvicenteviqueira, quintadocorton, roteiro, visitaguiada
Actividades, Homenaxe

Aniversario nacemento Johán Vicente Viqueira

Outubro 22, 2024Maio 18, 2025 Admin

Aos cen anos da súa morte lembramos hoxe, 22 de outubro, o nacemento de Johán Vicente Viqueira (1886-1924), mariñán destacado no eido da cultura e das letras galegas.

As persoas interesadas na vida e obra deste ilustre bergondés poden acceder á conferencia impartida polo noso compañeiro de Eira Vella Xesús Torres no ciclo de conferencias do Anuario Brigantino en 2014, nos seguintes enlaces, xa que está repartida en tres tramos:

Tagged anuariobrigantino xesustorres, homenaxeviqueira, johanvicenteviqueira
Actividades

Liberdade para o galego

Outubro 16, 2024Maio 18, 2025 Admin

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal e a Asociación Cultural Eira Vella, en colaboración co Concello de Betanzos e a axuda da Deputación da Coruña, organizan este vindeiro venres, 18 de outubro de 2024, unha serie de actos en torno á lingua galega e a súa preocupante situación actual.

Ás 18:00 horas emitirase en liña e en directo, na canle de Youtube da ACLP Roxín Roxal, así como a través da súa conta de Facebook e Twitch (acpl_roxinroxal), o encontro Emerxencia Lingüística Extrema na que Marcos Maceira e Elsa Quintas, Presidente e Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística respectivamente, serán entrevistados por Daniel Seixo para analizar a grave situación do galego evidenciada na publicación dos últimos datos do Instituto Galego de Estadística sobre a lingua.

Ás 20:00 horas, no Salón azul Edificio Liceo Arquivo do Antigo Reino de Galicia de Betanzos, os dous entrevistados, acompañados polo profesor e escritor Miguel Rodríguez Carnota, presentarán o libro da súa autoría Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua editado por Edicións Laiovento.

O acto pecharase coa actuación musical de Tres nun zoco, con Mini, Iria e Navia Rivas.

Tagged galego, linguagalega, mesapolanormalizaciónliguistica, roxinroxal
Actividades

Palestra sobre a Palestina insubmisa en imaxes

Outubro 5, 2024Maio 18, 2025 Admin

A. Bieito Lorenzo Penela

A. Bieito Lorenzo Penela
Image 1 of 8

Grazas a Os Vilares Lareira de Soños por empregar a súa canle de Youtube para subir a palestra completa.

Dende o río ata o mar, Palestina vencerá! 🇵🇸

Tagged abieitolorenzopenela, comitegalegodesolidariedadeinternacionalista, nealbaxter, nonaoxenocidio, palestinainsubmisa, solidariedade, xenocidio
Actividades, Xornadas Conferencias

Palestra sobre a Palestina insubmisa

Setembro 29, 2024Maio 18, 2025 Admin

O vindeiro 3 de outubro de 2024 ás 20:00 horas no Edificio Arquivo do Reino de Betanzos, a AC Eira Vella organiza a palestra sobre a Palestina insubmisa: Un ano de resistencia ante o xenocidio sinoista na que participaran Neal Baxter de Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista e A. Bieito Lorenzo Penela da propia AC Eira Vella.

Desta maneira a AC Eira Vella únese ás voces que dende Galiza se alzan contra o xenocidio do pobo palestino e que se xuntarán nunha soa o vindeiro 6 de outubro ás 12:00 horas na Alameda de Compostela na manifestación nacional Galiza con Palestina organizada pola Coordinadora Galega de Solidariedade coa Palestina e da que se pode consultar toda a información na seguinte ligazón: https://porpalestina.org/evento/galicia-6-octubre-manifestacion-y-autobus-para-ir/.

Dende o río ata o mar, Palestina vencerá! 🇵🇸

Tagged abieitolorenzopenela, comitegalegodesolidariedadeinternacionalista, nealbaxter, nonaoxenocidio, palestina, solidariedade, xenocidio
Actividades, Homenaxe

Actos de homenaxe a Johán Vicente Viqueira na canle de Youtube da ACLP Roxin Roxal

Setembro 5, 2024Maio 18, 2025 Admin

Para todas e todos os que non puidestes asistir ou queirades volver a vivir o momento, na canle de Youtube da ACLP Roxin Roxal atópase dispoñible o acto de homenaxe co que as entidades culturais da comarca lembraron ao intelectual Johán Vicente Viqueira no centenario do seu falecemento .

Tamén se atopa dispoñible a Mesa Redonda Johan Vicente Viqueira (1886 – 1924) Vida, obra e permanência nos 100 anos do seu passamento organizada tamén pola ACLP Roxin Roxal e na que contaron co noso compañeiro da AC Eira Vella, Xesús Torres.

Tagged aclp roxin roxal, Homenaxe, joan vicente viqueira
Actividades, Homenaxe

Homenaxe a Johán Vicente Viqueira

Agosto 26, 2024Maio 18, 2025 Admin

No centenario do falecemento de Johán Vicente Viqueira diversas asociacións culturais da comarca, entre elas a AC Eira Vella, únense para recordalo nunha homenaxe e ofrenda floral no cemiterio de Ouces, nun acto público aberto que terá lugar o xoves, 29 de agosto de 2024, ás 19:00 horas.

O acto incluirá a lectura de textos escolmados do pensamento e obra do autor, así como interpretacións musicais e outras actividades transmisoras do espírito viqueiriano.

Doutra banda, o noso compañeiro, Xesús Torres, participará tamén na Mesa Redonda Johan Vicente Viqueira (1886 – 1924) Vida, obra e permanência nos 100 anos do seu passamento, que se emitirá o 27 de agosto de 2024, ás 19:00 horas nos canais ACLP Roxin Roxal Youtube e Facebook.

Agardámosvos!

Tagged Homenaxe, intelectuaisgalegos, johanvicenteviqueira, ofrendafloral
Actividades, imaxes

Roteiro das fontes

Xuño 25, 2024Maio 18, 2025 Admin

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do Roteiro das fontes do pasado 25 de maio de 2024

Roteiro das fontes

Roteiro das fontes
Image 1 of 20

Tagged betanzos, fontes, Patrimonio, roteiro

Navegación de entradas

Artigos antigos
Artigos seguintes
Xuño 2026
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  
« Mai    

Etiquetas

20anos acoruña A Xanela betanzos cine diaderosalia espertar exposicións franquismo Historias de Icía e Avoa Homenaxe Homenaxe a Rosalía II República II Xornadas da Historia johanvicenteviqueira letras galegas libros Manuel Monge memoria democrática memoriahistorica memoriahistoricagaliza Memoria histórica música Neira Vilas Nieves Castro Lara palestina Patrimonio poemario poesía poesíagalega prensa presentación presentación de libros queremosgalego Querido Balbino recital rosaliabetanzos rosaliadecastro Rosalía Rosalía de Castro roteiro sabela arias Xabier López Xanela Xesús Torres

Histórico

Categorías

Proudly powered by WordPress | Theme: Dara by Automattic.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies