Actividades, Publicacións

80 aniversario da Segunda República. Actos

 

 

Ofrenda-homenaxe ás vítimas betanceiras de 1936

Previamente á presentación do libro de Luis Cortiñas, Eira Vella fará como todos os anos unha ofrenda-homenaxe diante da praca que lembra aos betanceiros vítimas da represión fascista de 1936.

Esta ofrenda terá lugar ás oito da tarde na entrada ao Museo das Mariñas e a entidade convocante convida a asistir a ela a todas as persoas que o desexen e, moi especialmente, aos familiares das vítimas.