Actividades

presentouse Espertar na Coruña

A presentación da obra tivo lugar o 16 de decembro, na sede da A.C. Alexandre Bóveda. Velaí algunha imaxe do momento…

PC110001

O acto foi presentado polo presidente de Alexandre Bóveda e a continuación interviron a presidenta de Eira Vella, Gabriela Rodríguez, o escritor Xabier López, autor do prólogo, e Lino García, autor dos poemas do libro, non podendo asistir desta volta a fotógrafa Helena Robledo co-autora do libro.