O pasado venres 21 celebrouse o acto Uxío na voz do pobo, dentro da programación da asociación Eira Vella para conmemorar as Letras Galegas 2010.
No emotivo recital participaron un grupo de rapaces e rapazas, alumnos do colexio Vales Villamarín, que puxeron voz aos versos sobre o Caurel, o lobo, a choiva e o universo de Uxío Novoneyra. De seguido, continou o recital con varios participantes, que seleccionaron un poema para a homenaxe. O acto rematou coa lectura da Letanía de Galicia, na que o numeroso público asistente participou.