Presentación do libro de Carlos Callón
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
acto que terá lugar ás 20,30 horas
na Sala Azul do Edificio Arquivo.
Carlos Callón (Ribeira, 1978)
é profesor de Lingua e literatura galegas en secundaria e investigador sobre sociolingüística e literatura. Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e da Fundación Via Galego, así como portavoz nacional da plataforma unitaria Queremos Galego. Tamén presidiu o Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minorizadas. Publicou os ensaios Unha historia que nos pertence. A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005), En castellano no hay problema (Xerais, 2010), Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais, 2011) Premio Redelibros de Ensaio, Amigos e sodomitas (2011) Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e Premio Fervenzas Literarias de Ensaio e Como escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais, 2012). Obtivo tamén varios galardóns pola súa obra de creación, entre os cales salienta o Premio Internacional de Teatro Breve Lauro Olmo (1996). Ademais de colaborar con asiduidade en varios medios de comunicación, mantén o blogue
www.carloscallon.com