Actividades, Exposicións

Martes, 31 de xullo. Inauguración de Querido Balbino.

Quedades invitados a compartir con Neira Vilas a inauguración da exposición QUERIDO BALBINO. O acto celebrarase o vindeiro martes 31 de Xullo, ás 19:00 h.  na Sala Azul do Edificio Arquivo.  De seguido, poderemos visitar a exposición na compaña do autor de “Memorias dun neno labrego”.
Agardámosvos.